LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014) 
Autora: FINA CASALDERREY  
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres 
anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo 
para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl 
Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida 
imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde
 tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas 
facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de 
“Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a 
descubrir que paga a pena confiar na xente.