lunes, 15 de junio de 2015

1º ESO B

"Como colofón a un traballo desenvolvido durante o curso, na materia de Lingua Castelá, coa profesora Neli Veiga, parte do alumnado de 1º ESO B representou ante os seus compañeiros unhas breves obras das que eles mesmos foron os creadores. A actividade partiu dun traballo de clase que tiña como obxectivo recoñecer as diferenzas entre diálogo teatral e diálogo narrativo. Para iso crearon textos dramáticos a partir de contos tradicionais ( Caperucita, Hansel e Gretel, Rapunzel...) con enxeñosas e modernas adaptacións. Noraboa polo resultado do voso traballo!"