martes, 21 de octubre de 2014

PROHIBIDO CASAR PAPÁ!

LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2014-2015)

Autora: FINA CASALDERREY

Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai. A partir deste esquema argumental, Fina Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade realista que se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado mundo interior dunha adolescente dos nosos días.