martes, 10 de marzo de 2015

MateXPO


Queremos anunciarvos que a próxima semana e ata o día 20 teremos na biblioteca unha exposición da Fundación Barrié en relación coas Matemáticas. 
Trátase dunha exposición cedida pola Fundación Barrié que nos achega ás matemáticas, recordándonos que están en todo o que nos rodea e descubríndonos a estreita relación que mantén con outras disciplinas como as artes ou a literatura, a través dos traballos de máis dun centenar de alumnos galegos. 
 A exposición consta de 5 tótems verticais nos que se mostran: 
  • 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de 140 carácteres e onde cada unha das palabras utilizadas ten un número de letras igual ás sucesivas cifras do número pi). 
  • 24 Fotografías matemáticas (imaxes gráficas comentadas que resaltan, a través de fotografías, a presenza constante de elementos matemáticos a noso arredor e que poñen de manifesto a súa utilidade na vida cotiá). 

Ademais, está aberto o prazo para participar nos concursos dos que sairán as obras da próxima expo itinerante. Hai concursos de fotografía matemática, video, matmonólogos e poesía arredor das matemáticas, en colaboración con AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a USC. 
Toda a información en http://mateblog.educabarrie.org/














No hay comentarios:

Publicar un comentario