sábado, 19 de xaneiro de 2013

"Un escritor fai libros; un gran escritor fai lectores. Grazas, Fina." 

   
Esta frase dun compañeiro condensa a nosa experiencia de traballadores do libro na biblioteca. Sabemos o moito que entusiasman os de Fina aos nosos alumnos e por eso (e por moitas cousas mais) temos moito que lle agradecer. Sentímonos felices polos seus éxitos coma si fosen nosos e -sendo ela, como é, unha infatigable traballadora- esperamos moito do seu labor  na RAG.

                                                    Noraboa, Fina!

O próximo 22 de xaneiro, o alumnado de segundo de bacharelato e cuarto da ESO acudirá ao Teatro Principal de Pontevedra para asistir a unha representación de Luces de Bohemia, de Ramón del Valle-Inclán. No seguinte caderno do Centro Dramático Nacional, podes consultar información sobre o autor e a obra.

xoves, 17 de xaneiro de 2013

      Nuestra enhorabuena a Beatriz Nestar Bueno de 4º ESO B por conseguir una beca para cursar    1º Bach en USA.

     La Fundación Barrié de la Maza y Amancio Ortega ofrece 75 becas todos los años a los alumnos de 4º ESO con los mejores expedientes académicos de Galicia para estudiar 1º Bach en USA. La Fundación preselecciona 150 alumnos de entre todas las solicitudes y después estos alumnos realizan una difícil prueba escrita y una entrevista en Inglés.

     Beatriz Nestar Bueno ha conseguido estar entre los 75 alumnos becados.

     También queremos felicitar a Carmen Mª Pastoriza Chamadoira de 4º ESO C porque, a pesar de que no ha conseguido estar entre los 75 becados, ha superado las pruebas y ha quedado en lista de espera.

xoves, 20 de decembro de 2012

DOS ARQUIVOS DO TRASNO

LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013)  

Autor: RAFAEL DIESTE  

Vinte relatos nos que Dieste trata con modernidade a presenza do sobrenatural no mundo popular. "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.

O BARÓN RAMPANTE

LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013) 

Autor: ITALO CALVINO 

A lectura desta historia vai deixando un regustiño doce, que non se esvae ata a última páxina. Calvino ten arte para manter a atención e o ritmo narrativo na demorada exposición da vida dun home que anda sempre árbores polas árbores. En O barón rampante Italo Calvino presenta a nunha de Rondó nunha xeira deliciosa, desde que ós doce anos decide rebelarse contra os seus pais e cambiar de vida. A súa delongada fazaña é relatada polo seu irmán, algo máis novo ca el, que asiste apampado a aquel xantar familiar que cambiaría para sempre a familia. Cosimo decide rebelarse, gabea por unha árbore e alí queda para toda a vida.

UN HOME QUE XACEU AQUÍ


LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013)  

Autor: ANIBAL C. MALVAR 

Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca.

AS AVENTURAS DE S. HOLMES

LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013)  

Autor: A. C. DOYLE 

Unha tras outra, as aventuras sucédense como retos para a agudeza extraordinaria de Sherlock Holmes. As aventuras do máis famoso detective de todos os tempos. Na Inglaterra vitoriana, Holmes resolve os máis insólitos casos grazas á súa capacidade dedutiva e á axuda do Dr. Watson. Un escándalo en Bohemia, un misterio no Val de Boscombe, o dedo pulgar dun enxeñeiro... nada se resiste ao exame rigososo do detective.

CONTOS DE LOBOS E OUTRAS HISTORIAS

LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013)  
Autor: ANXEL FOLE 

AMIGOS SEMPRE


LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013) 

Autor: ALFONSO EIRÉ 

A PRAIA DOS AFOGADOS

LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013) 

 Autor: DOMINGO VILLAR  

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

HISTORIA DA LINGUA GALEGA


LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013) 
Autor: PEPE CARREIRO 

A NOSA CINZA

LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013)  
Autor: XAVIER ALCALÁ 
Unha novela sobre o paso da infancia á adolescencia na que resulta doado identificarse co protagonista. 
Na Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universidade, e vivimos as experiencias vitais do protagonista e os acontecementos sociais que lle tocou vivir. A experiencia cotiá feita literatura.