viernes, 23 de marzo de 2012

"De la misma forma que nadie puede obligarnos a enamorarnos, nadie puede obligarnos a amar un libro. Son cosas que ocurren por razones misteriosas, pero de lo que sí estoy convencido es que a cada uno de nosotros hay un libro que nos espera. En algún lugar de la biblioteca hay una página que ha sido escrita para nosotros".

                     El País, 13 de enero de 2007: Entrevista a Alberto Manguel




         Aquí estamos coa pretensión humilde –ou non tanto- de engadir outro espazo común, esta vez virtual, á gran casa familiar que ten que ser a biblioteca.
         Queremos que coñezades máis e mellor o nosos-vosos fondos, por iso iremos comentando as novidades. Coma ata agora, desde aquí poderedes acceder directamente ao catálogo-Meiga para as consultas e os servizos de sempre. Gústanos ver que participades nas actividades da biblioteca, así que as promoveremos e difundiremos, porque este é un lugar de encontro, como o son os libros. E ao encontro e a participación están encamiñados algúns enlaces con blogs de profesores. Non virá mal un pouco de documentación: recordatorios de deberes escolares nos que a biblioteca vos pode axudar; consellos dos departamentos sobre como buscar e seleccionar información para traballos… E, claro, o álbum de fotos familiar, coas imaxes que documentan a nosa historia.
         Pero nesta casa ninguén é un convidado, todos sodes da familia: podedes pasar ata a cociña e mesmo botar unha man para mellorar o menú. Seguro que volo agradeceremos.