domingo, 3 de junio de 2012

 Dende a biblioteca queremos felicitar ao noso compañeiro Eloy Varela Caseiro por eses premios que parece que se lle acumulan: tres premios no Festival de Cine de Cans e agora o premio acadado no Festival do concello de Vigo, Primaveira do cine. Dase a coincidencia de que hai un ano que el dirixiu o corto co que quixemos agasallar a Fina Casalderrey, que se xubilaba. Parécenos oportuno lembrar hoxe aquela experiencia, o magnífico traballo de Eloy e tamén a Fina. Ela quixo deixarnos estas palabras de presentación 


Foron dez cursos  coleccionando momentos, experiencias inolvidables, sorpresas deliciosas... Pero hai unha que levo especialmente tatuada na pel da alma: a declaración de afectos que argallastes na biblioteca.
Non puiden evitar converterme en acordeón que  estarrica de satisfacción por tan marabillosa despedida e –paradoxo- encolle ante a conciencia de tal verdade.
Aquel día, na vosa voz e na vosa ollada, captei toda a música do universo!
Eu tamén vos quero!
Fina


No hay comentarios:

Publicar un comentario