miércoles, 3 de octubre de 2012

¡Benvida ao novo curso na bibliotec@ Illa de Tambo!

Xa estamos na biblioteca con novidades na distribución dos espazos de ordenadores e do posto de bibliotecario. Tamén temos novos marcadores de subseccións -deseñados polo profesor Italo Cendán Fernández- para facilitar a busca de libros de manera autónoma. Para o uso dos ordenadores pódense solicitar cascos ao profesor de guardia na bilioteca.
 Nestas primeiras semanas parece que os novos usuarios andan un pouco despistados e hai que facer un esforzo de difusión das normas da biblioteca. A ver si entre todos vamos poñendo orden. Tamén estamos levando, nestes días,  ao alumnado novo no centro  -de primeiro de Eso e de primeiro de bacharelato- para entregarlles os carnets,  mostrarlle os usos da páxina web da biblioteca,  indicarlles como atopar un libro na sala e  cales son as principais normas de convivencia nela.
 E, o máis importante, queremos que todos saibades ou recordedes que mañá o noso compañeiro Eloy Varela e Caseiro e máis a nosa compañeira Fina Casalderrey van presentar a súa obra (vídeolibro) no teatro principal de Pontevedra. Alí estaremos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario