miércoles, 7 de noviembre de 2012

O LEGADO DE CELSO EMILIO FERREIRO


      Desde o día 6 ata o 14 de novembro, pódese contemplar no vestíbulo do centro unha instalación moi novidosa. Trátase dun formato interactivo que inclúe audiovisuais, fotografías, poemas musicados, obxectos persoais e gravacións sonoras do recitado do poeta Celso Emilio Ferreiro.

     O evento está organizado polo Equipo de Normalización Lingüística para celebrar o centenario do autor de Longa Noite de pedra, poñendo en valor o legado deste escritor referente da poesía galega. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario