__________________________________
SE CANTO É PORQUE QUERO
"Se canto é porque quero' é a serie documental das Letras Galegas 2025 producida pola Real Academia Galega. A proposta de tres capítulos, dirixida por Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez, realizouse co apoio económico da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades."
Capítulo 1 - Rosa e Adolfina. As recollidas onte e hoxe
"O primeiro capítulo, dedicado a Rosa e Adolfina Casás Rama, conta coa participación de Richi Casás, Mercedes Peón e Antón Santamarina."
Capítulo 2 - As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade
"O segundo capítulo, dedicado ás Pandeireteiras de Mens, conta cos testemuños de Isabel García Quintela e Manel Fernández Pensado, presidenta e presidente de honra da Agrupación Folclórica Aturuxo da Coruña, da que formaron parte as cantareiras de Malpica de Bergantiños; as cantareiras da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños), e Carme e Uxía da Pontragha."
Capítulo 3 - Eva Castiñeira. A necesidade de perdurar
"O terceiro capítulo, dedicado a Eva Castiñeira, conta coa participación de Tereixa Novo, Carmen Vázquez e Pedro Lucas (Fuxan os Ventos), Felisa Segade (Leilía) Martín Mondragón (Mondra), Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), o alumnado do CEIP Os Muíños (Muxía) e integrantes do Regueifa Tour."
Material extraido da páxina da Real Academia Galega