Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOCONCURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOCONCURSO. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de maio de 2012

GAÑADORES/AS DO BIBLIOCONCURSO 2012


Recibirán candanseu vale de 10 euros para mercar libros en calquera das librerías de Marín.
Os vales entregaranse na biblioteca, o venres, día 1 de xuño, as 11 horas.
Noraboa !

  • BERMÚDEZ ABAL, IVÁN
  • DEL RÍO MALLO, CARLA
  • GARCÍA GONZÁLEZ, BELÉN
  • GARCÍA GONZÁLEZ, LUCÍA
  • JGHAIMI, MOHAMED
  • LORENZO OMIL, ITZAL
  • MANZANEDO POL, REBECA
  • MARTÍNEZ BUDIÑO, IAGO
  • NAVARRO MARTÍNEZ, MARÍA
  • OMIL VEIGA, ABRAHAM
  • QUINTAIROS SOLIÑO, ALBA
  • SANTIAGO GARCÍA, VÍCTOR
  • SOTO LAGO,ANTONIO
  • VARELA MAZA, ROCÍO

mércores, 9 de maio de 2012

Pista nº 8:

 Aquí tes todos os apelidos, en orde alfabética: 

  • Alberti, Alighieri, Baudelaire, Bécquer, Borges, 
  • (de) Castro, Darío, Ferreiro, García Lorca, Gil de Biedma,(de) Góngora, Hernández, Jiménez,Machado, Neruda, 
  • Pereiro, Pessoa, Petrarca, (de) Quevedo.

martes, 8 de maio de 2012

Pista nº 7:

  •   O número 7 era irmán do pintor Valeriano Bécquer.

  •   O número 6 era irmán do poeta Manuel Machado.

  •   O número 9 casou coa escritora Zenobia Camprubí. 

  •   E o número 4, apelidado Hernández, foi amigo do escritor Ramón Sijé (ao que lle adicou unha famosa elexía).

    luns, 7 de maio de 2012

    Pista nº6

    • O número 8 é un poeta portugués que publicou os seus poemas co nome de outros escritores inventados por el (Álvaro de Campos, Alberto Caeiro, Ricardo Reis…).
    • O número 10, un poeta francés que foi condenado por escribir As flores do mal.
    • O número 3, un poeta italiano que escribiu unha Comedia na que conta a súa viaxe polo Inferno, o Purgatorio e o Paraíso.
    • E o número 16, tamén italiano, adicou o Cancioneiro  á súa amada Laura.

    domingo, 6 de maio de 2012


     Pista nº 5

     

    • O número 18 é un poeta granadino que escribiu “Seis poemas galegos” e foi fusilado en 1936.
    • O número 13, un poeta gaditano, autor  de Sobre los ángeles.
    • E o número 17, un poeta barcelonés que escribiu un poema “Contra Jaime Gil de Biedma” e publicou toda a súa poesía co título de Las personas del verbo.

    sábado, 5 de maio de 2012

     Pista 4



    Os números 1, 11 e 15 son tres poetas hispanoamericanos. Algúns versos seus, moi coñecidos:
    • "Me gustas cuando callas porque estás como ausente"
    • "La princesa está triste... ¿Qué tendrá la princesa"
    • "Que otros se jacten de las páginas que han escrito; /a mí me enorgullecen las que he leído"

    xoves, 3 de maio de 2012

    MÁIS PISTAS PARA O BIBLIOCONCURSO




    Pistas 2 e 3

    • Os números 2 e 19 son dous poetas españois do século XVII (Francisco e Luis) que se levaban moi mal; un deles escribiu do outro:
          Son tan sucias de mirar
          las coplas que dais por ricas,
          que las dan en las boticas
          para hacer vomitar.

     
    • Os números 5, 12 e 14 son tres poetas galegos, aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas de 1963, 1989 e 2011.


    mércores, 2 de maio de 2012

    PISTAS PARA O BIBLIOCONCURSO




    Pista 1

    • Pensa en grandes nomes da poesía en galego, castelán (españois e hispanoamericanos), francés, italiano, portugués...
    • Busca imaxes súas en internet: as do cartel son moi coñecidas e seguro que aparecen xa na primeira páxina de resultados.
    • Hai dous poetas dos séculos XIII-XIV, dous do s.XVII, catro do s.XIX e once do s.XX (ningún deles vivo).

    mércores, 25 de abril de 2012

    BIBLIOCONCURSO 2012

    "Xa está aquí o biblioconcurso na súa segunda edición e este ano vai de poesía. Xa sabedes que no corcho da entrada da biblioteca e no vestíbulo móstranse uns cartéis con imaxes de poetas famosos de todos os tempos. Pois é a eles aos que terás que identificar....Non estarás solo na percura porque dende este blog iremos deixando pistas. Si queres participar, xa tes aquí as bases do biblioconcurso na edición 2012. Podes coller un impreso de participación na biblioteca, na conserxería ou descargalo dende aquí ¡Anímate! "






    Para descargar o documento clica en " i "