Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de novembro de 2019

Ernesto el aprendiz de matemago

MATEMÁTICAS - LECTURA OBLIGATORIA 2ºESO

ERNESTO, EL APRENDIZ DE MATEMAGO 
Autor:José Muñoz Santonja 
Editorial:Nivola 

De pronto se apagaron las luces, un potente foco de luz iluminó la entrada de artistas y una silueta hizo su aparición entre la niebla. Se cubría con una larga capa azul y un sombrero puntiagudo con lunares plateados que simulaban estrellas en el cielo nocturno. Delgado y alto, parecía el más viejo de todos los artistas, pues tenía una barba blanca muy larga. El Gran Mago Minler brillaba en la oscuridad gracias a su traje. Lentamente, elevó los brazos y, de repente, justo cuando la música cesó, una gran explosión de luz surgió de sus manos...

xoves, 26 de setembro de 2019

The Evil Painting

LECTURA OBLIGATORIA 2º ESO 

THE EVIL PAINTING 
Julie Hart 
Burlington
Claire and Philip’s mother comes home one day with a new painting. The painting seems to have an evil influence over their mother. The two teenagers don’t have a choice – they have to destroy the painting in order to save their mother. But it’s not such a simple task ... what is the secret of the painting?

mércores, 10 de outubro de 2018

The Adventures of Tom Sawyer

LECTURA OBLIGATORIA 2º ESO

THE ADVENTURES OF TOM SAWYER
Mark Twain
Burlington

One of Mark Twain’s most popular characters, Tom Sawyer, is a mischievous boy who grows up in the area of the Mississippi River in the USA. He is always in trouble and constantly trying to avoid work and school. With his friend, Huck Finn, Tom has all kinds of adventures and gets into all sorts of predicaments, but they usually find a way to solve their problems.

mércores, 14 de outubro de 2015

CARTAS A LELO

Resultado de imagen de cARTAS A LELO LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Xosé Neira Vilas

Lelo vén sendo aquel amigo de Balbino (o das Memorias dun neno labrego), o que con el xuntaba herbas para o fumazo da noite de San Xoán, o que o salvou de morrer afogado no río, o que soñaba con ser músico, ou mariñeiro ou aviador. Mais Lelo se vai cos pais para o Brasil. E os dous amigos cartéanse. Balbino comeza a contarlle todo ao seu compañeiro de aventuras que está lonxe, máis alá do mar. Un día vai á súa aldea e fala desta correspondencia. E outro rapaz, Toño, comeza tamén a escribirlle a Lelo. E Lelo contéstalle dende o Brasil. Estas son, pois, as cartas de Toño nas que algunha vez alude ao contido das que recibe do seu amigo. 


OLLOS DE AUGA

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016) 

Domingo Villar 

Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatur a galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.

VIOLETA TAMURANA

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016) 

Andrea Maceiras
As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou. Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

A POMBA E O DEGOLADO

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autora: FINA CASALDERREY 

A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente. 

¡ASÚSTATE, MERCHE!

LECTURA LINGUA GALEGA - 2º ESO (CURSO 2015-2016)

Autora: Fina Casalderrey.

Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para desc ifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.

A BANDA SEN FUTURO

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autor: MARILAR ALEIXANDRE 

A novela iníciase coa conxunción de dous acontecementos que Carlota, a protagonista, tomará coma a maior das desgracias. Terá que comezar as clases nunha situación que lle fai máis duro este momento, porque haberá de ir coa cabeza rapada -depilada- por mor dunha enfermidade, e Poch morre como consecuencia da enfermidade de Huntington. O emparellamento dos dous sucesos dá lugar a unha continua dialéctica na que Carlota increpa, máis que dialoga, ao retrato de Poch que ten na parede do seu cuarto. Neses intercambios é onde se atopa o verdadeiro cerne desta novela, pois Poch será quen lle vaia proporcionando a Carlota as claves polas que concluír as súas reflexións. O músico non fai un papel dun Pepito Grilo que lle vai indicando o errado das súas actuacións, senón que é o camiño que leva a Carlota cara a si mesma, que é o lugar onde están a maioría das respostas para as preguntas que se plantea. Pero Carlota non pode, aínda que ben querería, pasar a vida enteira encerrada no seu cuarto a dialogar co retrato do cantante, haberá de ir ao instituto, que equivale a se introducir nunha selva na que en cada recanto agarda un perigo. Perigos que a rapaza coñece e mesmo se plantea con claridade antes de que acontezan. Despois sucederán ou non, pero ela xa os puido interiorizar. Mais nesa selva é onde está a súa vida, e non agachada no cuarto. Deberá, pois, aceptar a súa cualidade de ser en relación, o alto prezo que a todos se nos cobrou por medrarmos e facérmonos adultos Os compañeiros e compañeiras do instituto, adolescentes tamén, forman un nicho ecolóxico no que Carlota haberá de vivir nese conflicto inevitable cando se procura a harmonía. Alí hai conxéneres, pero tamén depredadores, coma en toda selva.

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autor: MARILAR ALEIXANDRE

A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

O VIXÍA NO CENTEO

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)
Autor: J. D. SALINGER

Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa.

NUN LUGAR CHAMADO GUERRA

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autor: JORDI SIERRA I FABRA

Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de cómo viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas víctimas da guerra e dos éxodos masivos.
Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de intérprete e co cal establece unha relación de utilización mutua que acabará converténdose nunha verdadeira amizade. 

A CHAMADA DA SELVA

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autor: JACK LONDON

No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro ano de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco,ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)
Autor: PEPE CARREIRO

AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autor: DARÍO XOÁN CABANA

A historia dun príncipe farto de ser príncipe.
Ás veces un non ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se chama, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer méritos entre fadas, dragóns e princesas. 

IRMÁN DO VENTO

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

Autor: MANUEL LORENZO GONZÁLEZ 

É a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. “Irmán do vento” é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

O MISTERIO DAS BADALADAS

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016) 

X. P. DOCAMPO

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.

martes, 13 de outubro de 2015

TRISTES ARMAS

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

MARINA MAYORAL

TRISTES ARMAS é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas exiliadas a Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor.

CARTAS DE INVIERNO

LECTURA LINGUA GALEGA- 2º ESO (2015-2016)

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Despois dunha longa estadia en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribirá durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.

luns, 8 de decembro de 2014

Un voyage de rêve en France

FRANCÉS - LECTURA OBLIGATORIA  2º ESO, 2º LENGUA  (CURSO 2014-2015)

Autor/a: Béatrice Job
Oxford Educación

Marité fait un voyage en France avec ses parents. Un jour, ils visitent le château de Versailles, mais elle s'ennuie. Elle s'allonge sur la pelouse du jardin et s'endort. Elle va faire un rêve surprenant...