sábado, 26 de mayo de 2012

CREACIÓN

Coma todos os maios, unha promoción de alumnos e alumnas remata os seus estudos no centro. 
Tres deles accederon a deixarnos un regalo: tres estupendos relatos, cos que iniciamos a sección de CREACIÓN do blog, aberta desde agora a todos e todas os que queirades participar.

Entre outras moitas virtudes, a narración de Pablo destaca pola mestría e a intelixencia na construción do relato; a de Miguel, pola capacidade para explorar unha paixón pouco convencional (coma todas as que valen a pena); a de Laura, pola reflexión sobre a vontade de saber vencellada á condición da muller; as tres, como ben poderedes comprobar, pola súa sorprendente madurez.

Moitas grazas a ela e a eles. E ánimo aos demais: agardamos as vosas colaboracións.

Pablo Navarro, “Del amor y la guerra”
Miguel Ponce de León, “Obsesión escénica”
Laura Pequeño, “Memorias de una bruja”