Pista nº6
- O número 8 é un poeta portugués que publicou os seus poemas co nome de outros escritores inventados por el (Álvaro de Campos, Alberto Caeiro, Ricardo Reis…).
- O número 10, un poeta francés que foi condenado por escribir As flores do mal.
- O número 3, un poeta italiano que escribiu unha Comedia na que conta a súa viaxe polo Inferno, o Purgatorio e o Paraíso.
- E o número 16, tamén italiano, adicou o Cancioneiro á súa amada Laura.