LINGUA GALEGA-LECTURA OBLIGATORIA 4º ESO (CURSO 2012-2013)
Autor: ÁNGEL DE LA CRUZ
A novela narra a historia de dúas xornalistas da Televisión de Galicia, Esther e Xema, que viaxan a Trasomundo da Cancela -unha imaxinaria vila da Raia- para preparar unha reportaxe sobre o culto á morte en Galicia. Alí atoparanse co misterio dun home desaparecido, acontecemento que lle inxectará unha considerable dose de suspense ao relato. A dosificación da intriga, a través dunha estrutura na que o autor aproveita varios recursos cinematográficos, especialmente o uso do tempo narrativo para crear expectación no lector, e a contraposición entre os mundos rural e urbano da Galicia actual, poboados por unha ampla galería de insólitos personaxes, son os dous elementos máis salientables da novela, na que tamén se introducen puntualmente toques de humor que rozan o esperpento.