Autor: RODRÍGUEZ CASTELAO
Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor e achégase a unha sorte de expresionismo arraigado no popular.