Hoxe temos outro compañeiro premiado. E desta volta o asunto
ten un mérito engadido. O noso colega foi quen de irmandar unha desbordante
paixón pola ciencia co seu gusto polas boas letras. É difícil, neste país de
extremos irreconciliables, integrar campos tan aparentemente opostos, pero
todos os que falamos con el acotío sobre ciencia e sobre libros sabemos que el
faino fácil. Así que entendemos perfectamente a ese xurado que lle outorgou o
premio. Agora só nos falta publicalo aquí para que todos poidámolo ler. Parabéns, Constantino!
http://cienciaqueconta.wordpress.com/cqc2012-relatos-premiados-de-categoria-xeral/