“O descenso do derradeiro ocaso” no Illa de Tambo
O
escritor e cineasta Ángel de La Cruz mantivo unha charla-coloquio co
alumnado de 4º da ESO sobre o seu libro “O descenso do derradeiro
ocaso” . Ilustrounos sobre o proceso de creación da trepidante
trama, senlleira dentro da novela negra galega, a contraposición
entre o mundo rural e urbano e o uso do tempo narrativo para crear
expectación no lector e tamén a súa relación co cine.
O
encontro cos alumnos, celebrado o pasado 11 de abril, estivo
organizado polo Departamento de Galego, coa colaboración do Equipo
de Normalización Lingüística e a Biblioteca do centro.
O
autor, Ángel de la Cruz, foi presentado polo alumno Xaime Rodríguez
González alumno de 4º A e, rematado o animado coloquio, achegouse
á biblioteca para asinar exemplares da súa obra aos alumnos,
deixando tamén a súa sinatura no libro de honra do centro.