Aínda que hasta agora non era unha
prioridade, a biblioteca ten unha tarefa
importante na conservación e difusión de documentos (literarios, didácticos, de regulamento interno,…) que produce o propio centro. Con esa finalidade este
blog ten unha sección de “Creación” na que recollemos traballos do alumnado. Hoxe
queremos difundir unha emotiva contribución do alumnado á pequena historia
deste centro e con ela esperamos abrir unha nova sección de “Producción propia”
neste blog, que axude a preservar a memoria do noso IES. Trátase do discurso
que dous alumnos da promoción 2012-13, leron no acto de despedida do instituto
en Briz, o venres 31 de Maio.