Autor: JACK LONDON
No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as
rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada
da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da
aventura dun can, Buck, que tras catro ano de cómodo vagar na granxa do
xuíz Miller, preto de San Francisco,ten que comezar unha vida rexida
pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a
chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha
cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.