Autor: DARÍO XOÁN CABANA
A historia dun príncipe farto de ser príncipe.
Ás veces un non
ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser
príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e
ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas
maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan
polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se
chama, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer
méritos entre fadas, dragóns e princesas.