Autor: Kipling, Rudyard
Ramallo de contos e poemas escritos para ser lidos en voz alta. Estas páxinas, cheas de palabras e expresións musicais e marabillosas, teñen como protagonistas a distintas clases de animais e recordan con sinxeleza o encanto e a riqueza do continente indio. Esta versión galega conserva a eufonía dos textos e a sonoridade que inevitablemente se perderían nunha tradución estritamente literal. Nesta edición reprodúcense as ilustracións para o libro realizadas polo propio Kipling, completando así unha escolma de contos que, desde a súa aparición no ano 1902, veñen constituíndo unha fonte de ledicia para nenos e adultos.