En O picnic, que inclúe tres relatos diferentes do autor, atopámonos páxinas dos extraordinarios anais da familia Durrell onde todo o que pode saír mal, sae mal, excepto o sentido do humor de Gerald Durrell contándono-las historias. Así, asistimos a unha horrorosa excursión á costa de Dorset en Inglaterra e a unha aínda máis desastrosa expedición no barco grego Poseidón, Finalmente, Durrell sorpréndenos cunha fantástica historia acerca dun castelo francés onde hai «algo» que repta detrás dos espellos e que acelerará o pulso dos lectores máis previdos.