lunes, 13 de octubre de 2014

STRATOS

LECTURA RECOMENDADA - DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (CURSO 2014-2015)

Autor: Miguelanxo Prado

Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados, desde o nivel máis baixo, o dos «proletas», ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais.