Xosé Neira Vilas
Lelo vén sendo aquel amigo de Balbino (o das Memorias dun neno labrego),
o que con el xuntaba herbas para o fumazo da noite de San Xoán, o que o
salvou de morrer afogado no río, o que soñaba con ser músico, ou
mariñeiro ou aviador.
Mais Lelo se vai cos pais para o Brasil. E os dous amigos cartéanse.
Balbino comeza a contarlle todo ao seu compañeiro de aventuras que está
lonxe, máis alá do mar. Un día vai á súa aldea e fala desta
correspondencia. E outro rapaz, Toño, comeza tamén a escribirlle a Lelo.
E Lelo contéstalle dende o Brasil. Estas son, pois, as cartas de Toño
nas que algunha vez alude ao contido das que recibe do seu amigo.