sábado, 19 de octubre de 2013

AS FLORES RADIACTIVAS

LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)

Autor: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña mancha brillante.O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa pacifista.Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación.