Autor: J. D. SALINGER
Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide
deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia
do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai
valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da
mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola
peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á
fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio,
decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un
tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e
sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no
decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos
mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se
desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que
suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e
unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en
primeira persoa.