martes, 22 de octubre de 2013

CANTARES GALLEGOS

LECTURA LINGUA GALEGA- 3º ESO (2013-2014)  

Autora: Rosalía de Castro

A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas. A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribiu novelas coma La hija del mar (1859) e El caballero de las botas azules (1867).