Autor: ANTOINE DE SAINT EXUPÈRY
Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia
dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu
reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que
emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un
vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo.
Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un
garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de
arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse
amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor,
e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos
enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.