Autor: MARILAR ALEIXANDRE
A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta
as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como
polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A
acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita
desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o
darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas
desta excepcional novela.