TRECE ANOS DE BRANCA
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
AGUSTIN FERNANDEZ PAZ
Branca está
enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar
repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima
ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante:
trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que
o complete para non se aburrir.
E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da
súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga
de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos
seus pais, o colexio, o seu primeiro amorson escenas que van xurdindo
grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.