FINA CASALDERREY
¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os
seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela,
unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de
apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a
todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.