Autor: ROALD DAHL
As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que
se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres
estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención
anual nun hotel… Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das
que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha
bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non
son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros
picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas
verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e
adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés
cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para
destruír nenos.
As bruxas é un libro onde o lector atopará moito
humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor
mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e
secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso
narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que
non dan tregua ao lector ata o seu remate.