Autor: ANXO FARIÑA
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no
instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha
cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta
moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a
capacidade de viaxar no espazo e no tempo.O día en que Ruxe, Faísca,
Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente
inesperado fará que as súas vidas muden para sempre.Decataranse de que
teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e
que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os
traballos de clase.Estraños poderes, aventuras sorprendentes e
misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para
procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...