jueves, 19 de diciembre de 2013
lunes, 9 de diciembre de 2013
EXPOSICIÓN
Nas dúas últimas semanas de decembro poderemos visitar na Biblioteca, unha exposición de diversas maquetas de células, realizadas polos alumnos e alumnas de 3ºESO, seguindo as indicacións da súa profesora Paula Conde. Nesta exposición veremos os diferentes tipos de células, a súa estructura e a morfoloxía dos orgánulos. Tamén dispoñemos dunha presentación para proxectar sobre o tema.
ALBA SOTO 3ºA
JOSE ANGEL DURÁN 3ºA
INMA CORRALES 3ºA
VICTOR SANTIAGO 3ºA
CARMEN PARADA Y UXÍA MONTES 3ºA
ALEJANDRO PEREIRAS 3ºA
LAURA LÓPEZ 3ºB
RAQUEL IGLESIAS 3ºB
IRIA CASTRO 3ºB
ANA VÁZQUEZ Y PAULA CAAMAÑO 3ºB
CAROLINA BLANCO 3ºB
LEYRE CURRÁS Y LARA COA 3ºB
LUIS VIDAL 3ºB
NOELIA ÁLVAREZ 3ºB
BELÉN GARCÍA Y LUCÍA GARCÍA 3ºB
IAGO MARTÍNEZ 3ºB
ANTONIO SOTO 3ºB
LORENA NÍÑEZ Y SARAHI CARBALLAL 3ºC
SHEILA RODRÍGUEZ Y MERCEDES HAMBARCHGAN 3ºC
ALEJANDRO PEREIRA 3ºC
JORGE GALLEGO 3ºC
PABLO COUTO, DAVID RIVADULLA Y JOSE ÁNGEL DE LA TORRE 3ºC
RAQUEL RECAMÁN Y SARA FERNÁNDEZ 3ºC
SARA VALLEJO 3ºC
domingo, 1 de diciembre de 2013
lunes, 25 de noviembre de 2013
lunes, 28 de octubre de 2013
martes, 22 de octubre de 2013
VENRES OU A VIDA SALVAXE
Robinsón, o home que organiza "civilizadamente" o seu vivir solitario nunha illa deserta, atópase con que ten moito que aprender de Venres, o "salvaxe" que chega cabo del. Velaquí unha visión actualizada do mito robinsoniano: os chamados salvaxes son persoas cunha civilización diferente da nosa.A actitude de superioridade d e Robinsón con Venres agacha o racismo máis inxenuo e unha patética incultura.
OS DOUS DE SEMPRE
LECTURA LINGUA GALEGA - 3º ESO (CURSO 2013-2014)
Autor: RODRÍGUEZ CASTELAO Os dous de sempre
É
a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan
dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a
perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo,
que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a
perspectiva alta do paxaro.
MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE
LECTURA LINGUA GALEGA - 3º ESO (CURSO 2013-2014)
Autor: Manuel de Pedrolo.
Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha
catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o
espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao
novo contorno até facer do
amor o acontecemento central das súas vidas.
CANTARES GALLEGOS
LECTURA LINGUA GALEGA- 3º ESO (2013-2014)
Autora: Rosalía de Castro
A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas. A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribiu novelas coma La hija del mar (1859) e El caballero de las botas azules (1867).
UN HOME QUE XACEU AQUÍ
LECTURA LINGUA GALEGA - 3º ESO (2013-2014)
Autor: ANIBAL C. MALVAR
Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca.
Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca.
ASÚSTATE, MERCHE!
Autora: Fina Casalderrey.
Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para desc ifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.
NUN LUGAR CHAMADO GUERRA
LECTURA LINGUA GALEGA- 3º ESO (2013-2014)
Autor: JORDI SIERRA I FABRA
Autor: JORDI SIERRA I FABRA
Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de cómo
viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas víctimas da guerra e
dos éxodos masivos.
Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro
anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república
exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de
intérprete e co cal establece unha relación de utilización mutua que
acabará converténdose nunha verdadeira amizade.
O VIXÍA NO CENTEO
LECTURA LINGUA GALEGA- 3º ESO (2013-2014)
Autor: J. D. SALINGER
Autor: J. D. SALINGER
Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide
deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia
do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai
valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da
mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola
peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á
fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio,
decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un
tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e
sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no
decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos
mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se
desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que
suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e
unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en
primeira persoa.
PEL DE LOBO
LECTURA LINGUA GALEGA- 3º ESO (2013-2014) )
Autor: XOSÉ MIRANDA
Autor: XOSÉ MIRANDA
Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e
solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé,
un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na
chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo
enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta
que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí
no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e
enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do
lume.
O ESCARAVELLO DE OURO
LECTURA LINGUA GALEGA - 3º ESO (CURSO 2013-2014)
Autor: E. Alan Poe
Un manuscrito cunha mensaxe oculta. Unha caveira, unha árbore e unha illa. Un tesouro escondido por un pirata. Logo de encontrar un abraiante escaravello e un misterioso pergamiño, William Legrand decide buscar o tesouro do capitán Kidd, levado por unha forte intuición, e axudado polo seu servente Xúpiter.
A POMBA E O DEGOLADO
LECTURA LINGUA GALEGA- 3º ESO (2013-2014)
Autora: FINA CASALDERREY
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres
anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo
para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl
Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida
imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde
tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas
facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de
“Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a
descubrir que paga a pena confiar na xente.
A CHAVE DAS NOCES
LECTURA LINGUA GALEGA - 3º ESO (CURSO 2013-2014)
Autor: Xabier P. Docampo
Autor: Xabier P. Docampo
Ed.: Vía Láctea.
A aparición dun cadáver nas augas do porto, dara comezo as investigacións do detective Mauro que irá descobrindo os pontos onde a droga e a prostitución conectan os negocios "decentes", como tamén se entrecruzan os mundos da xuventude e dos adultos. Ao final saberemos quen son os que se levan os beneficios e quen as misérias destas relacións.
A SOMBRA CAZADORA
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pol a súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades.Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos.
domingo, 20 de octubre de 2013
LER CIENCIA NA BIBLIOTEC@
--" Como sabedes, este ano o día das bibliotecas escolares está adicado á lectura científica na biblioteca. E nos estamos de sorte porque contamos con Constantino Armesto, o noso profesor de Física, autor de ensaios de divulgacion científica que contan con prestixiosos premios:
Armesto, Constantino: “Por los senderos de la ciencia”, Madrid, Celeste, 1995.
Premio Prisma Casa de las Ciencias de La Coruña de Divulgación Científica 1994.
Armesto, Francisco y Armesto, Constantino: “El enigma de la esfinge”, Alzira, Bromera Universidad de Valencia, 2000.
Premio Europeo de Divulgación Científica Estudi General Universidad de Valencia 1999.
Armesto, Francisco y Armesto, Constantino: “Supervivencia o suicidio”, Madrid, Alianza, 2004.
Armesto, Constantino: “Un planeta azul”, Valencia, Universidad de Valencia, 2009.
Premio Vicent Andrés Estellés de narrativa científica de la Universidad de Valencia Estudi General 2008.
Por eso, dende o 21 ate o 25 de octubro algúns grupos de alumnos recibirán na biblioteca unha charla de animación á lectura científica e visitarán a exposición de fondos sobre este tema. Nese coloquio, Constantino presentará a súa personal selección das DEZ mellores obras de divulgación científica, que consta dos seguintes títulos:"
sábado, 19 de octubre de 2013
TONECHO DE REBORDECHAO
Autor: Breogán Riveiro
Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to dos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.
A POMBA E O DEGOLADO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autora: FINA CASALDERREY
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres
anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo
para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl
Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida
imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde
tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas
facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de
“Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a
descubrir que paga a pena confiar na xente.
O PRINCIPIÑO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: ANTOINE DE SAINT EXUPÈRY
Autor: ANTOINE DE SAINT EXUPÈRY
Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia
dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu
reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que
emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un
vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo.
Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un
garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de
arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse
amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor,
e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos
enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.
A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: MARILAR ALEIXANDRE
Autor: MARILAR ALEIXANDRE
A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta
as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como
polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A
acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita
desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o
darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas
desta excepcional novela.
A BANDA SEN FUTURO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: MARILAR ALEIXANDRE
Autor: MARILAR ALEIXANDRE
A novela iníciase coa conxunción de dous acontecementos que Carlota, a
protagonista, tomará coma a maior das desgracias. Terá que comezar as
clases nunha situación que lle fai máis duro este momento, porque haberá
de ir coa cabeza rapada -depilada- por mor dunha enfermidade, e Poch
morre como consecuencia da enfermidade de Huntington. O emparellamento
dos dous sucesos dá lugar a unha continua dialéctica na que Carlota
increpa, máis que dialoga, ao retrato de Poch que ten na parede do seu
cuarto. Neses intercambios é onde se atopa o verdadeiro cerne desta
novela, pois Poch será quen lle vaia proporcionando a Carlota as claves
polas que concluír as súas reflexións. O músico non fai un papel dun
Pepito Grilo que lle vai indicando o errado das súas actuacións, senón
que é o camiño que leva a Carlota cara a si mesma, que é o lugar onde
están a maioría das respostas para as preguntas que se plantea. Pero
Carlota non pode, aínda que ben querería, pasar a vida enteira encerrada
no seu cuarto a dialogar co retrato do cantante, haberá de ir ao
instituto, que equivale a se introducir nunha selva na que en cada
recanto agarda un perigo. Perigos que a rapaza coñece e mesmo se plantea
con claridade antes de que acontezan. Despois sucederán ou non, pero
ela xa os puido interiorizar. Mais nesa selva é onde está a súa vida, e
non agachada no cuarto. Deberá, pois, aceptar a súa cualidade de ser en
relación, o alto prezo que a todos se nos cobrou por medrarmos e
facérmonos adultos Os compañeiros e compañeiras do instituto,
adolescentes tamén, forman un nicho ecolóxico no que Carlota haberá de
vivir nese conflicto inevitable cando se procura a harmonía. Alí hai
conxéneres, pero tamén depredadores, coma en toda selva.
AS BRUXAS
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: ROALD DAHL
Autor: ROALD DAHL
As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que
se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres
estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención
anual nun hotel… Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das
que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha
bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non
son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros
picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas
verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e
adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés
cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para
destruír nenos.
As bruxas é un libro onde o lector atopará moito
humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor
mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e
secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso
narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que
non dan tregua ao lector ata o seu remate.
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: ANXO FARIÑA
Autor: ANXO FARIÑA
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no
instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha
cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta
moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a
capacidade de viaxar no espazo e no tempo.O día en que Ruxe, Faísca,
Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente
inesperado fará que as súas vidas muden para sempre.Decataranse de que
teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e
que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os
traballos de clase.Estraños poderes, aventuras sorprendentes e
misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para
procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...
AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: DARÍO XOÁN CABANA
A historia dun príncipe farto de ser príncipe.
Ás veces un non
ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser
príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e
ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas
maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan
polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se
chama, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer
méritos entre fadas, dragóns e princesas.
IRMÁN DO VENTO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: MANUEL LORENZO GONZÁLEZ
É a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma
outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha
vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán
do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e
de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da
loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da
esperanza. “Irmán do vento” é, pois, unha novela de aventuras,
na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que
é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no
medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no
primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia
entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a
súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra.
A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da
sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis
duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se
desenvolve.
PEL DE LOBO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014) )
Autor: XOSÉ MIRANDA
Autor: XOSÉ MIRANDA
Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e
solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé,
un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na
chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo
enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta
que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí
no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e
enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do
lume.
A CHAMADA DA SELVA
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: JACK LONDON
Autor: JACK LONDON
No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as
rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada
da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da
aventura dun can, Buck, que tras catro ano de cómodo vagar na granxa do
xuíz Miller, preto de San Francisco,ten que comezar unha vida rexida
pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a
chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha
cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.
REBELDES
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: SUSAN E. HILTON
Las peleas callejeras entre bandas rivales desencadenan tal violencia, que muchas terminan de forma trágica.
Los
conflictos familiares, la marginación, la ausencia de futuro... llevan a
algunos jóvenes a buscar en la calle y en el grupo lo que no encuentran
en casa. Pero siempre queda un destello de esperanza.
AS FLORES RADIACTIVAS
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das
costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos
radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa
zona aparece un día unha estraña mancha brillante.O Alto Mando da OTAN
acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores,
unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un
penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade
preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa
pacifista.Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la
protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición
ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón
no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen
burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que
axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan
agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as
guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial
baseada na paz e na cooperación.
O VIXÍA NO CENTEO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: J. D. SALINGER
Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide
deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia
do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai
valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da
mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola
peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á
fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio,
decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un
tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e
sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no
decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos
mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se
desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que
suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e
unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en
primeira persoa.
NUN LUGAR CHAMADO GUERRA
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autor: JORDI SIERRA I FABRA
Autor: JORDI SIERRA I FABRA
Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de cómo
viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas víctimas da guerra e
dos éxodos masivos.
Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro
anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república
exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de
intérprete e co cal establece unha relación de utilización mutua que
acabará converténdose nunha verdadeira amizade.
PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
Autora: FINA CASALDERREY
Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas
dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que
asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente
simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de
apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da
súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a
odiada moza do seu pai. A partir deste esquema argumental, Fina
Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade
realista que se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado
mundo interior dunha adolescente dos nosos días.
jueves, 17 de octubre de 2013
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
LECTURA LINGUA GALEGA- 1º ESO (2013-2014)
FINA CASALDERREY
¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os
seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela,
unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de
apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a
todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.
TRECE ANOS DE BRANCA
AGUSTIN FERNANDEZ PAZ
Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amorson escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.
PROXECTO POMBA DOURADA
MIGUEL VAZQUEZ FREIRE
EDICIONS XERAIS, 2001
Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sob ranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. Comprendo como te sentes, díxolle o inspector Lesoto, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime.
miércoles, 16 de octubre de 2013
FERNANDO EL TEMERARIO
Autor: Velasco, José Luis
Fernando
Fadrique, hijo de un siervo de la gleba, asiste a la derrota de Alarcos, cuando tan sólo tiene nueve años. En el campo de batalla conoce a don Rodrigo de Coca, que le acoge como paje, y al mismo rey Alfonso VIII. Desde este momento (año 1195) hasta la victoria de las Navas de Tolosa (año 1212) el carácter enérgico y decidido de Fernando le llevan a salvar la vida del rey en tres ocasiones. Pero su gran deseo es conseguir la mano de Inés de Talavera, una doncella de cuna noble con la que no puede casarse dado su origen humilde. Él sabe que sólo llegan a caballeros los hijos de los nobles.
LA ODISEA
LECTURA 1º ESO (2013-2014)
Homero
Adaptado por Tim Mucci ; ilustrado, Ben Caldwell , Rick Lacy ; color, Emanuel Tenderini Editorial: Bruño, [2010]
Homero
Adaptado por Tim Mucci ; ilustrado, Ben Caldwell , Rick Lacy ; color, Emanuel Tenderini Editorial: Bruño, [2010]
Tras ganar la encarnizada guerra de Troya, el rey Odiseo emprende el viaje de vuelta a su hogar, Ítaca, donde su esposa le aguarda.En su periplo, Odiseo tendrá que enfrentarse a la furia de los elementos, a monstruos temibles, a diosas que le tienden trampas...
LA PERLA
LA BÚSQUEDA
Autor: Eric Heuvel, Lies Schippers, Ruud Van der Rol
Editorial: la osa Menor, Planeta DeAgostini, Casa de Ana Frank
Cuando
Esther era una niña sobrevivió a la Segunda Guerra Mundial refugiada en
una granaj holandesa, pero sus padres desaparecieron en el campo de
refugiados de Auschwitz. A través de las distintas viñetas de este cómic
se aborda el complicado tema del holocausto y la persecución a los
judíos por parte de los nazis.
LA SOMBRA DEL GATO Y OTROS RELATOS DE TERROR
Autora: LÓPEZ NARVÁEZ, Concha
Ilustraciones: Araceli Sanz
Editorial: Alfaguara, 2007
Editorial: Alfaguara, 2007
Los
protagonistas de los relatos que contiene esta obra dejan escapar el
mal, cuando, posiblemente, hubieran podido controlarlo. ¡Pero, ahora,
todo ese mal crece... y se va transformando en terror! Con esta obra,
Concha López Narváez consigue que al lector se le corte la respiración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)